venres, 27 de febreiro de 2026

Día da Muller

Dentro de pouco xa nos atopamos inmersos na conmemoración do Día Internacional da Muller.Cada vez son máis os libros que tratan de maneira evidente o feminismo e a coeducación; por iso no moble da entrada do colexio podedes ver unha pequena mostra dos exemplares cos que contamos na biblioteca arredor destas temáticas. Clásicos e contemporáneos que nos permiten dar puntadas sobre a importancia da igualdade de xéneros na nosa sociedade.
Porque o que non se nomea non existe... e dende este enfoque pretendemos aportar o noso grao de area para deconstruir e construir xuntos a nosa historia individual e colectiva con referentes en clave feminista. Por iso queremos propoñervos que colaboredes connosco e recollades ou elaboredes noticias sobre mulleres galegas, dentro do proxecto Dende Galicia para o Mundo que celebramos na escola. Tedes máis información e instruccións no instagram do cole.https://www.instagram.com/p/DVOKGnKClJF/?igsh=czM2Nzdyd21tZ2l2
Grazas por colaborar !!!

venres, 30 de xaneiro de 2026

Sacamos e compartimos libros e lecturas

Dende a biblioteca expoñemos e pomos á disposición da comunidade educativa libros e outros fondos para as diversas conmemoracións e efemérides.
Todo elo en colaboración con outros Equipos do centro, neste caso Actividades Complementarias e Extraescolares, polo Día Escolar da Non Violencia e da Paz

martes, 28 de outubro de 2025

Club de lectura

Empezamos co club de lectura na biblioteca do cole co alumnado de 5º e 6º de primaria para este curso 25-26. Dependendo do número de persoas inscritas faremos un ou dous grupos.
Os nenos que queiran poden pasar pola bilioteca e apuntarse, vémonos na primeira reunión o 14 de novembro.

mércores, 22 de outubro de 2025

Voltamos a vernos nos recreos!!!

Queremos anunciar a nosa apertura deste curso 25-26 o día 24 de outubro na díada bibliotecas. Voltamos coa intención de seguir medrando cara unha biblioteca de encontro de tod@s e para tod@s.

martes, 21 de outubro de 2025

X Xornadas "PASÁMOLO DE MEDO POLO SAMÍN"

🎃🎃🎃Estamos de voltA! Xa nos tardaba comezar este novo curso escolar neste recanto tan especial... e un ano máis coas agardadas X Xornadas “Pasámolo de medo no Samaín”.
Na exposición de libros de medo que temos na entrada do colexio e podedes coller a modo de empréstito para ler nos recreos, da semana do Samaín, ou nas diferentes aulas de infantil e primaria durante o plan lector, de maneira individual ou a outros cativos da escola noutras clases.
Agardamos que sexan do voso interese!

mércores, 11 de decembro de 2024

Club de lectura

 No vindeiro trimestre empezaremos co club de lectura na biblioteca do cole co alumnado de 5º e 6º de primaria.

Os nenos que queiran poden pasar pola bilioteca e apuntarse.


AGARDÁMOSVOS!


martes, 3 de decembro de 2024

Sacamos libros da biblioteca!!!

 En conmemoracións especiais o equipo de bibloteca fai unha selección de libros para que alumnos, alumnas e mestres poidan levar ás aulas.

 


mércores, 6 de novembro de 2024

Recreos na biblio

 Hoxe queremos compartir o uso da biblioteca no recreo, os novos espazos, as novas dinámicas... e podedes velo no instagram do centro: 

https://www.instagram.com/p/DCB6a-3qjdl/?igsh=MWV2c2V4NTJtbmRsZw==






martes, 22 de outubro de 2024

IX XORNADAS "Pasámolo de medo no Samaín"

 🎃🎃🎃Estamos de volta en Biblio Furelo! Xa nos tardaba comezar este novo curso escolar neste recanto tan especial... e un ano máis coas agardadas IX Xornadas “Pasámolo de medo no Samaín”.


Na exposición de libros de medo que temos na entrada do colexio e podedes coller a modo de empréstito para ler nos recreos, da semana do Samaín, ou nas diferentes aulas de infantil e primaria durante o plan lector, de maneira individual ou a outros cativos da escola noutras clases. 
Agardamos que sexan do voso interese!


luns, 21 de outubro de 2024

Abrimos de novo nos recreos!!!

 Voltamos ao blogue para anunciarvos a nosa apertura deste curso 24-25 o día 23 de outubro na semana da bibliotecas. Voltamos con novidades: nos espazos, nos fondos, nas actividades... pasiño a pasiño medrando cara unha biblioteca de encontro de tod@s e para tod@s.


Empezamos co servizo de préstamo no recreo e seguimos coas quendas do curso pasado:



E, lembrade que, a partir do 28 de outubro e ata que rematen as IX Xornadas de Pasámolo de Medo Polo Samaín, o servizo de préstamo pausarase, pois, durante a semana das Xornadas de Samaín, a biblio abrirá durante os recreos só para as contadas. 

Podedes vir escoitalas no día que vos corresponda.


Estamos desexando recibirvos de novo!

luns, 1 de xullo de 2024

Suxestións lectoras verán 2024

Nunca é tarde se a lectura é boa😉 

Aquí vos deixamos, un ano máis, coas nosas suxestións para pasar este verán á sombriña dun bo libro. 

Suxestións lectoras verán 2024 Biblio Furelo de Estefanía Lamas Liste

FELICES VACACIÓNS A TODAS E TODOS!!! 

Vémonos en setembro🎈

martes, 19 de decembro de 2023

Suxestións lectoras Nadal 2023

Xa preparastes a vosa carta? Non esquezades incluír algunha lectura! Non vos parece un fermoso regalo unha viaxe dende o sofá? Por se vos quedades sen ideas, aquí vos deixamos algunhas:

*Podedes picar nas portadas para obter máis información.


Green and Pink Illustrative Christmas Scene Blank Wish List Christmas Presentation de Estefanía Lamas Liste

xoves, 19 de outubro de 2023

Abrimos por Samaín!

Voltamos ao blogue para anunciarvos a nosa apertura deste curso 23-24 coa celebración das VIII Xornadas Pasámolo de Medo no Samaín.



Esperamos que todos e todas desfrutedes das contadas voluntarias dos nenos e nenas de 6º nas que tentaremos botarlle un sorriso ao medo👻



E, lembrade que, a partir do 2 de novembro, o servizo de préstamo comezará a funcionar con normalidade, pois, durante a semana das Xornadas de Samaín, a biblio abrirá durante os recreos só para as contadas. 

Podedes vir escoitalas no día que vos corresponda:


Estamos desexando recibirvos de novo!


martes, 2 de maio de 2023

As familias tamén contan!

E, despois dunha semana e media de contadas, só nos queda dicirvos: GRAZAS, MOITÍSIMAS GRAZAS! 

Aos avós, mamás, papás, tías, tíos e madriñas que vos ofrecestes para sacar da casa os vosos contos e achegalos ao noso centro para compartir con tódolos nenos e nenas. 

A verdade é que estamos encantadas co resultado e xa nos tarda convocarvos para vindeiras ocasións.

Mentres tanto, aquí vos deixamos cun vídeo-resumo do que deu de si a actividade:




E non vos perdades o último pódcast de Radio Furelo no que os nenos e nenas de 5 anos B falan desta exitosa celebración! Aquí vos deixamos o enlace.

domingo, 16 de abril de 2023

Semana do Libro 2023: As Familias tamén contan!

Despois de moito tempo sen publicar, xa que estivemos moi atarefadas co traballiño "analóxico", deixamos por aquí o cartaz correspondente a nosa agardada Semana do Libro.

Nesta ocasión, agradecendo poder traballar sen restricións, nesta etapa post-covid, tiñámolo claro desde o primeiro momento: As Familias tamén contan

Así que, as portas do cole abrirán este luns para recibir unha chea de contadas da man das numerosas nais, pais, madriñas e avós que se prestaron voluntarias e voluntarios.

Agardamos que todas e todos o desfrutedes, comezamos!

xoves, 22 de decembro de 2022

Recomendacións lectoras Nadal 2022

Como cada ano, por aquí vos deixamos as nosas recomendacións lectoras para este Nadal. 
Non esquezades reservar un tempiño das vosas merecidas vacacións para desfrutar dunha boa lectura. 

MOI BO NADAL A TODOS E TODAS! Vémonos no 2023 ;)

mércores, 21 de decembro de 2022

Alumnado colaborador 22-23

Sabemos que estamos un tanto desaparecidas neste mundo dixital, mais iso non significa que non continuemos coa nosa labor.

Ao longo deste 1º trimestre estivemos realizando tarefas moi necesarias despois dunha longa tempada pechadas: reorganización de fondos, expurgo, catalogación... Pero a máis importante de todas elas veu da man do alumnado de 6ºA e 6ºB. 

Como tódolos anos, ofrecemos aos alumnos e alumnas máis maiores do cole a posibilidade de presentarse como alumnado colaborador da biblioteca e o acollemento da iniciativa foi moi positivo. 

Unha vez elaboradas as listaxes de voluntarios e voluntarias, comezamos coa formación necesaria para converterse en verdadeiros e verdadeiras "bibliotecarias" e non podemos estar máis satisfeitas co resultado. 

Este curso, os voluntarios e voluntarias de 6ºA e 6ºB están a dalo todo para axudarnos a poñer a Biblio a punto e non podemos estar máis orgullosas da súa implicación e colaboración co Equipo de Biblioteca, do que xa forman parte indispensable. 

MOITAS GRAZAS A TODOS E TODAS, MOZOS E MOZAS!!! Xa sabedes que sen a vosa axuda non sería posible manter en funcionamento a Biblioteca deste xeito. Dende aquí o noso recoñecemento. 

Compartímosvos, ademais, os materiais elaborados polo Equipo de Dinamización da Biblioteca para a formación de usuariado. Pensamos que sería unha boa idea telo a man por se vos xorden dúbidas. Se, aínda así, hai algo que precisedes consultar, non dubidedes en utilizar o formulario de contacto do blog ou o correo: bibliofurelo@gmail.com

Tamén podedes pinchar AQUÍ para acceder ao tríptico informativo.