Despois de moito tempo sen publicar, xa que estivemos moi atarefadas co traballiño "analóxico", deixamos por aquí o cartaz correspondente a nosa agardada Semana do Libro.
Nesta ocasión, agradecendo poder traballar sen restricións, nesta etapa post-covid, tiñámolo claro desde o primeiro momento: As Familias tamén contan!
Así que, as portas do cole abrirán este luns para recibir unha chea de contadas da man das numerosas nais, pais, madriñas e avós que se prestaron voluntarias e voluntarios.
Agardamos que todas e todos o desfrutedes, comezamos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario