mércores, 20 de maio de 2020

Nicolás le...

Pois sí, se hai unha clase que desfruta coa lectura, esa é a de 1ºB!

- NOME: Nicolás

- CURSO: 1ºB

- E TI, QUE LES?

Babak ¡Dame un respiro, carahigo! de María Menéndez Ponte e J. A. Labari.

"Babak y sus amigos celebran la fiesta de la primavera y Cebollón y sus amigos quieren impedirlo".

Que credes vós que pasará? Seguro que Nicolás xa o sabe... Este é o libro que debedes buscar para descubrilo:




Grazas Nicolás por descubrirnos esta serie de Babak, chea de humor, aventura, troles e ecoloxía!


E ti, que les? Envíanos a túa reseña (foto ou vídeo, texto, debuxo) a: mestra.estefi@gmail.com

martes, 19 de maio de 2020

Clara le...


Clara amósanos hoxe outro dos contos que máis triunfan nas aulas de Infantil e primeiros anos de Primaria.

- NOME: Clara C.

- CURSO: 1ºB

- E TI, QUE LES:

O galo Quirico, de Tareixa Alonso.

"Había unha vez un galo que foi invitado á voda do tío Perico. Polo camiño atopou un verme que tamén quería ir á voda".

Podedes buscar ao Galo Quirico nos estantes da nosa Biblioteca ou, xa sabedes, mentres estea pechada, reservando cita previa na vosa libraría máis próxima😉



Moitas grazas, Clara!

E ti, que les? Envíanos a túa reseña (imaxe, vídeo, texto, debuxo) a: mestra.estefi@gmail.com

luns, 18 de maio de 2020

Mateo le...


Hoxe Mateo tráenos a reseña dun conto que é sempre un acerto asegurado. A quen non lle gusta ler arredor deses clásicos personaxes cos que sempre quixeron meternos medo?

- NOME: Mateo C.

- CURSO: 3ºB

- E TI, QUE LES?

Tío Lobo, de Xosé Ballesteros.

"Carmela é unha nena moi larpeira e fíxolle trampas ao Tío Lobo, deulle a probar: merda de burro, pis de can e cemento. Entón, Tío Lobo..."

Xa sabedes, para coñecer o desenlace... teredes que agardar a que abra a nosa Biblioteca ou acudir con cita previa á vosa libraría máis próxima!



Moitas grazas, Mateo!

E ti, que les? Envíanos a túa reseña (imaxe, texto, debuxo, vídeo) a: mestra.estefi@gmail.com

mércores, 13 de maio de 2020

As LETRAS GALEGAS na casa.


Non esquezades a importante celebración desta semana: AS LETRAS GALEGAS.
Esta vez os actos serán a distancia e, dende Biblio Furelo, queremos convidarvos ás citas que nos propoñen dende a Rede de Centros Socioculturais do Concello de Santiago.

Trátase de 5 pequenas accións culturais da man de contacontos, poetas, actrices e músicos emitidas dende a súa casa e retransmitidas a través da canle de Youtube do Concello á que podedes acceder dende aquí mesmo (enlaces máis abaixo). Ollo! A actividade do último día será retransmitida a través do Facebook do Concello.

Non perdades a oportunidade de achegarvos ás nosas letras a través desta interasantísima proposta.

Aquí vos deixamos o programa completo (cos accesos directos ás gravacións):

- MÉRCORES 13, 20h:

A primeira proposta vén da man de Paula Carballeira. Esta contadora afincada en Compostela é ademais actriz, directora de teatro e escritora. Conta cunha ampla traxectoria no mundo da literatura infantil e xuvenil, no que ten publicado máis de 20 libros con tradución a máis de oito linguas. Gañou en dúas ocasións o premio Manuel María de Texto de Teatro Infantil e foi finalista do premio convocado por ASSITEJ-España. Dirixiu espectáculos destinados a este tipo de público tanto para a súa compañía, Berrobambán, como para outras compañías como Talía (Pequena, Rosa Caramelo) ou para o Centro Dramático Galego (A Cabana de Babaiagá).

Hoxe contaranos: "As sete bruxas de Ferrolterra" (pica no título para acceder á gravación se non poideches asistir)


- XOVES 14, 20h:

Polo Correo do Vento, un colectivo especializado en actividades para o público máis novo co fin de promover a lectura, a comprensión oral en galego e o desenvolvemento da creatividade e expresión artística das nenas e nenos.

O xoves, Enrique Mauricio contará a historia de Carvalho Calero, mentres Carlos Taboada ilustra a historia. Ao final, daranse as claves para deseñar a Carvalho Calero, paso a paso.

Se non poideches velo, accede á gravación aquí.


- VENRES 15, 20h:

María Lado é poeta, escritora, actriz, guionista e directora teatral. Desde os seus comezos na poesía co Batallón Literario da Costa da Morte, como poeta ten publicado seis libros individuais, dos que nomeamos: Casa atlántica casa cabaret (Xerais, 2002), Berlín (Concello de Santiago-El Correo Gallego-Aelg) e oso, mamá, si? (Xerais, 2015). Tamén é autora do conto para nenos Porque Cuqui non quere ir á lavadora (Apiario, 2014), da novela para público xuvenil Entre os dous hai un río (Ed. Elvira 2016) e do libro de poemas para crianzas 5 minutos (Auga Editora, 2017).

Se non poideches velo, accede á gravación aquí.


- SÁBADO 16, 20h:

Vero Rilo ten unha longa e consolidada traxectoria como contacontos. Educadora na Escola Semente, cursou estudos de iniciación ao teatro da man de Carlos Neira e outros específicos de contadora con Charo Pita e Tim Bowley. Á fronte de Daboapipa moveu diversos espectáculos para público adulto e infantil, por toda Galicia e mesmo alén do Miño. Narra historias, contos escoitados nalgún lugar ou escritos nalgún libro, nados desde algún lugar do ser.

Agardamos que desfrutedes todos e todas da súa narración oral para crianzas e familias.

Se non poideches velo, accede á gravación aquí.


- DOMINGO 17, 20h:

Magín Blanco é músico e cantante procedente da música Pop e que leva máis dunha decada achegando unha proposta musical fresca e esixente para os/as máis pequenos e pequenas.
“A nena e o Grilo no país das apertas”, “A nena e o grilo nun barquiño”,“Gatuxo”, “Camiños”, son algúns dos títulos das obras que este músico foi propoñendo para un público infantil. Ademais ten participa noutros proxectos musicais como María Fumaça ou Rosalía Pequeniña. 

A súa proposta ten músicas que van desde o pop, rock, reggae á bossa nova e que falan de viaxes por singulares aventuras nas que a imaxinación, a ilusión e a creatividade van da man para sermos un anaco máis felices.

Nesta Biblioteca sómosvos MOI FANS deste grande músico e aconsellámosvos ferventemente que non vos perdades esta cita tan especial no propio Día das Nosas Letras.

Lembrade que nesta última xornada será a través do Facebook do Concello.

Se non poideches velo, accede á gravación aquí. Encantounos!🎶



DESFRUTADE do magnífico programa desta semana de celebración e facédenos saber nos comentarios se así foi! 👍

Nós non nolo perdemos💙

martes, 12 de maio de 2020

Materiais de Isadora Moon



Os libros de Isadora Moon (aconsellados para lectores e lectoras de 6-7-8 anos) están triunfando en medio mundo. Por iso, nestes tempos de confinamento, a súa autora, Harriet Muncaster, liberou un montón de recursos para axudarvos a pasar un bo rato coa vosa vampira-fada favorita.

Por aquí vos deixamos o enlace á súa páxina e algúns dos materiais que podedes atopar:


Debuxos de Isadora Moon para colorear:



Dados de Isadora Moon para crear historias:



Minilibros de Isadora Moon para montar:


*Tradución das instrucións para a construción dos minilibros:

1. Recorta as tiras de páxinas ao longo.
2. Dobra a primeira páxina estrelada cara adentro da liña gris.
3. Dobra a seguinte páxina do xeito contrario, de xeito que os seus pregamentos fagan un zig-zag ao longo da tira de páxinas.
4. Pega as tapas sobre unha tarxeta ou cartolina fina e córtaas con coidado..
5. Dobra as cubertas ao longo das dúas liñas de cor rosa. do lombo do libro.
6. Pega as dúas caras en branco dos extremos estrelados nas tapas.

Na primeira folla hai un mini libro para ti e outro para compartir cunha amizade.

Cóntanos en comentarios se fixeches algo!

luns, 11 de maio de 2020

Lía le...


Parece que nas clases de 1º temos a grandes lectoras! Aquí vos deixamos con...

- NOME: Lía

- CURSO: 1ºB

- E TI, QUE LES?:

Isadora Moon va al colegio, de Harriet Muncaster.

"Una niña es medio vampiro, medio hada. Su papá es vampiro y su mamá Hada. Cada uno quiere que vaya al colegio que fueron ellos de pequeños. Pero Isadora quiere ir a..."

Como vedes, Lía domina á perfección a técnica do suspense e déixanos coa intriga! Para sabelo teredes que ler a historia😉




Especialmente para Lía, e tamén para todos e todas os que desfruten coas aventuras de Isadora Moon, non esquezades visitar a nosa publicación de mañán, esperamos que vos guste! 


Envíanos a túa reseña (imaxe, texto, debuxo, vídeo) a: mestra.estefi@gmail.com



sábado, 9 de maio de 2020

Lorena le...


Non podemos estar máis contentos e contentas co artigo de hoxe! A profe Lorena non quixo perder a oportunidade de participar no blog facéndonos chegar a súa reseña e encantounos :) Agardamos que máis adultos desta comunidade educativa se animen a compartir lecturas connosco. Isto comeza a ser do máis enriquecedor... Grazas!

- NOME: Lorena

- CURSO: Mestra de PT, un pouquiño en tódolos cursos!

- E TI, QUE LES?:

Emocionario, de Cristina Núñez e Rafael Valcárcel.


"Hai quen non pode imaxinar un mundo sen paxaros; hai quen non pode imaxinar un mundo sen auga. No que a min se refire, son incapaz de imaxinar un mundo sen libros. J.L. Borges." Non podo estar máis de acordo coas palabras deste gran escritor.


Dende pequena a lectura sempre me acompañou e axudoume a aprender moitas cousas e a medrar nun mundo de fantasía, xa que "a lectura ábrenos as portas do mundo que nos atrevemos a imaxinar". Na miña infancia destaco a lectura das obras de Harry Potter, pero tamén hai outros libros de literatura infantil e xuvenil que tamén me encantan, coma por exemplo a colección "Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes" de Elena Favilli e Francesca Cavallo ou o "Emocionario", de Cristiña Núñez e Rafael Valcárcel.


Hoxe vouvos falar deste último. O emocionario é un álbum ilustrado no que se vai facendo un recorrido por máis de 40 emocións diferentes que podemos sentir ao longo das nosas vidas. Vai definíndoas unha a unha con fermosas palabras e ilustracións, e coa súa lectura podemos entender e explicar mellor como nos sentimos ás veces. É polo tanto un libro que nos axuda a descubrirnos a nós mesmxs e aos demais!


Agardo que vos guste a miña recomendación! Un saúdo e moooita lectura!


AVISO: "A lectura prexudica seriamente a ignorancia".


Gracias profe Lorena por animarte a participar!

E ti, que les? Envíanos a túa reseña (imaxe, vídeo, debuxo, texto) a: mestra.estefi@gmail.com



xoves, 7 de maio de 2020

Carla le...


Pouco a pouco vannos chegando máis reseñas. Carla fálanos, nesta ocasión, dunha das súas lecturas de confinamento que, ademais, está relacionada coa última publicación no blog (Día contra o acoso). Moi oportuno e moi interesante, Carla. Grazas!

- NOME: Carla

- CURSO: 1ºB

- E TI, QUE LES?: 

La sonrisa de Lucas, escrito por Pedro Solís e Isabel Vega e ilustrado por Alicia Más Lorenzo.

"Lucía cuenta la historia de su amigo Lucas en el colegio. Ella se da cuenta de que Fran y su pandilla tratan mal a su amigo. Le quitan la merienda, su cazadora y muchas cosas más. Lucía toma la decisión de defender a su amigo Lucas y le dice a Fran que se lo va a contar todo a la profe". 




Se vos interesa esta historia, esta é a portada que debedes buscar: 


E ti, que les? Envíanos a túa reseña (foto, texto, debuxo, vídeo) a: mestra.estefi@gmail.com

sábado, 2 de maio de 2020

Día contra o acoso escolar (2 de maio)


O Departamento de Orientación do cole non quere deixar pasar este día sen facernos reflexionar un pouquiño arredor da problemática do acoso. Deixámosvos por aquí este conto, narrado polo alumnado mediador do cole Eduardo Pondal de Ponteceso, para que poidades xerar algunha que outra interesante conversa. Sabemos que non sempre é un tema sinxelo de tratar, mais escondelo só o fará máis e máis grande.



Nós escollemos estar do voso lado SEMPRE.

venres, 1 de maio de 2020

Candela le...


Aquí vai a recomendación de Candela! Encantados con ela porque sabemos que nos enviará máis😉

- NOME: Candela

- CURSO: 4ºA

- E TI, QUE LES?

Harry Potter y el cáliz de fuego. J. K. Rowling

"Eu xa rematei a colección de Harry Potter, pero Harry Potter e o cáliz de fuego é o meu preferido. Vai sobre un mago chamado Harry Potter que emprende o seu cuarto ano no colexio Hogwarts de Maxia e Feiticería, menudas cousas lle esperan!
Intento ler moitos ratiños durante todo o día, porque encántame!"






E vós, a que esperades? Enviade as vosas recomendacións (debuxo, foto, vídeo, texto) ao seguinte mail: mestra.estefi@gmail.com

E non esquezades comentar este artigo se compartides lectura con Candela ou tamén sodes uns verdadeiros e verdadeiras Potterheads, queremos saber cantos e cantas sodes no cole!!!