martes, 17 de maio de 2022

Visita de Rosalía Morlán

En véspera do Día das Letras Galegas tivemos a sorte de contar con Rosalía Morlán, poetisa galega, que estivo animando á lectura ao noso alumnado de 1º e 2º curso de educación primaria. Con ela mergullámonos en diferentes historias a través de personaxes tan curiosos como o sapo Rosendo e o dragón Antón. 

Así, deste xeito, puidemos achegarnos á poesía en galego tendo en conta situacións da vida cotiá: a nosa contorna máis inmediata e os animais como fonte de inspiración. Algúns rapaces e rapazas xa se declararon ferventes defensores da escrita e xa contan cos seus primeiros poemiñas e contos. Unha delicia!

Ademais, Rosalía tamén quixo deixarnos unha serie de deberes para traballar todos os días: 
1. Ler moito.
2. Traballar na casa e no colexio.
3. Ser solidarios e bos compañeiros/as.

Un pracer compartir parte da mañá con ela!




 






domingo, 15 de maio de 2022

Letras Galegas 2022

Florencio Manuel Delgado Gurriarán é o autor homenaxeado este ano polo Día das Letras Galegas, unha conmemoración que ten por obxecto realzar a contribución e o compromiso de diversos autores/as coa nosa cultura e idioma. 

No ano 1963 deu inicio esta festividade co cumprimento dos 100 anos do libro "Cantares Gallegos" de Rosalía de Castro, o primeiro libro monolingüe na nosa lingua. Ese foi o pistoletazo de saída e xa levamos máis de cinco décadas de achegamento á literatura en galego. 

Como non podía ser doutra maneira, no centro queremos reivindicar o papel de Florencio cunha pequena mostra dos exemplares cos que contamos na biblioteca escolar. Ademais, aproveitamos a ocasión para rescatar a outros escritores que foron premiados en edicións anteriores.