mércores, 24 de febreiro de 2021

Día de Rosalía 2021

Despois dun tempo sen publicar, non podiamos perder a oportunidade de aparecer de novo por este espazo virtual para conmemorar a data de hoxe, 24 de febreiro, na que celebramos o DÍA DE ROSALÍA.

Un día coma hoxe, hai xa 184 anos, nacía na zona da Praza de Vigo, a nosa escritora máis senlleira, a nosa queridísima ROSALÍA DE CASTRO

Como cada ano, no cole aproveitamos esta celebración para achegarnos un pouquiño máis á súa obra e á súa biografía, tentando compartir con todos e todas vós a admiración que sentimos por unha das figuras máis ilustres das nosas letras. 

Neste enlace podedes acceder a unha listaxe de reprodución con poemas da autora recitados polo alumnado do cole☺



Nesta ocasión, as circunstancias sanitarias impídennos participar como público nos actos conmemorativos que se levarán a cabo na cidade, mais, deixámosvos por aquí un par de actividades do máis interesante promovidas pola Fundación Rosalía de Castro:

1) Prepara un bo CALDIÑO DE GLORIA (inspirado no poema da autora) da man de Lucía Freitas, cociñeira da Tafona. 


Imaxe publicada pola Fundación Rosalía de Castro

2) Participa ou comparte (usando o cancelo #AlboradaparaRosalía) algunha das ALBORADAS PARA ROSALÍA que se levarán a a cabo en diferentes puntos do mapa da nosa comunidade. Podes consultar a información aquí e acceder á listaxe de alboradas que se fixeron en 2019 aquí

E, se nin o caldo nin a gaita son o teu... Sempre pode ser un bo día para achegarte á súa lectura! Que imos dicir nós dende a Biblio Furelo?! 😉