domingo, 19 de decembro de 2021

Recomendacións lectoras_Nadal 2021

Pois o primeiro trimestre xa está chegando ao seu fin e dende Biblio Furelo non queriamos despedir o ano sen difundir o Boletín de Recomendacións Lectoras para este Nadal. O folleto está clasificado en 4 seccións: infantil, primeiro ciclo, segundo e terceiro ciclo. Ademais, incluímos o álbum ilustrado titulado Selva de Marina Gibert, galardoado no XIV Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado (2021).



Recordade: LER PERMITE SOÑAR!  


Vémonos á volta das vacacións de Nadal! Pasade unha boas festas!