martes, 2 de maio de 2023

As familias tamén contan!

E, despois dunha semana e media de contadas, só nos queda dicirvos: GRAZAS, MOITÍSIMAS GRAZAS! 

Aos avós, mamás, papás, tías, tíos e madriñas que vos ofrecestes para sacar da casa os vosos contos e achegalos ao noso centro para compartir con tódolos nenos e nenas. 

A verdade é que estamos encantadas co resultado e xa nos tarda convocarvos para vindeiras ocasións.

Mentres tanto, aquí vos deixamos cun vídeo-resumo do que deu de si a actividade:




E non vos perdades o último pódcast de Radio Furelo no que os nenos e nenas de 5 anos B falan desta exitosa celebración! Aquí vos deixamos o enlace.

domingo, 16 de abril de 2023

Semana do Libro 2023: As Familias tamén contan!

Despois de moito tempo sen publicar, xa que estivemos moi atarefadas co traballiño "analóxico", deixamos por aquí o cartaz correspondente a nosa agardada Semana do Libro.

Nesta ocasión, agradecendo poder traballar sen restricións, nesta etapa post-covid, tiñámolo claro desde o primeiro momento: As Familias tamén contan

Así que, as portas do cole abrirán este luns para recibir unha chea de contadas da man das numerosas nais, pais, madriñas e avós que se prestaron voluntarias e voluntarios.

Agardamos que todas e todos o desfrutedes, comezamos!

xoves, 22 de decembro de 2022

Recomendacións lectoras Nadal 2022

Como cada ano, por aquí vos deixamos as nosas recomendacións lectoras para este Nadal. 
Non esquezades reservar un tempiño das vosas merecidas vacacións para desfrutar dunha boa lectura. 

MOI BO NADAL A TODOS E TODAS! Vémonos no 2023 ;)