luns, 31 de xaneiro de 2022

Día Escolar da Non Violencia e da Paz

O domingo foi o Día Escolar da Non Violencia e da Paz e no noso centro educativo estivemos traballando e engalanando as diferentes dependencias do colexio para conmemorar esta data tan sinalada. 

Porque o respecto, o cumprimento das normas, a tolerancia, a igualdade ou a empatía son valores democráticos fundamentais para a vida en sociedade. Por iso, nós apostamos pola paz os 365 días do ano. 

Dende Biblio Furelo apoiamos esta data facendo unha exposición de fondos sobre esta temática no moble da entrada principal. 








sábado, 22 de xaneiro de 2022

Día Internacional da Educación_24X

Non podiamos comezar o ano de mellor maneira e é que co gallo do Día Internacional da Educación (24X) volvemos abrir as portas para todo o alumnado do centro co fin de botar a andar a biblioteca como espazo de lecer e de acceso á cultura.

Evidentemente o escenario de pandemia é moi diferente ao que coñeciamos antes; por iso as visitas a este cornecho do centro estarán máis espalladas para evitar un uso masivo das diferentes aulas. Ademais, o alumnado de 6º de EP realizou uns videotitorias para falarnos das normas de organización e funcionamento de Biblio Furelo, incluídas as que teñen que ver coas medidas de hixiene derivadas da COVID-19.

Sen máis, convidamos a todo o alumnado e profesorado a entrar e gozar da nosa Biblioteca!

P.D.: Deixamos uns vídeos sobre os 17ODS da Axenda 2030, moi acaecidos para a data sinalada. Esperamos que sexan do voso interese!

17ODS (Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable) para a Axenda 2030


ODS4_Educación de calidade