Sabemos que estamos un tanto desaparecidas neste mundo dixital, mais iso non significa que non continuemos coa nosa labor.
Ao longo deste 1º trimestre estivemos realizando tarefas moi necesarias despois dunha longa tempada pechadas: reorganización de fondos, expurgo, catalogación... Pero a máis importante de todas elas veu da man do alumnado de 6ºA e 6ºB.
Como tódolos anos, ofrecemos aos alumnos e alumnas máis maiores do cole a posibilidade de presentarse como alumnado colaborador da biblioteca e o acollemento da iniciativa foi moi positivo.
Unha vez elaboradas as listaxes de voluntarios e voluntarias, comezamos coa formación necesaria para converterse en verdadeiros e verdadeiras "bibliotecarias" e non podemos estar máis satisfeitas co resultado.
Este curso, os voluntarios e voluntarias de 6ºA e 6ºB están a dalo todo para axudarnos a poñer a Biblio a punto e non podemos estar máis orgullosas da súa implicación e colaboración co Equipo de Biblioteca, do que xa forman parte indispensable.
MOITAS GRAZAS A TODOS E TODAS, MOZOS E MOZAS!!! Xa sabedes que sen a vosa axuda non sería posible manter en funcionamento a Biblioteca deste xeito. Dende aquí o noso recoñecemento.
Compartímosvos, ademais, os materiais elaborados polo Equipo de Dinamización da Biblioteca para a formación de usuariado. Pensamos que sería unha boa idea telo a man por se vos xorden dúbidas. Se, aínda así, hai algo que precisedes consultar, non dubidedes en utilizar o formulario de contacto do blog ou o correo: bibliofurelo@gmail.com
Tamén podedes pinchar AQUÍ para acceder ao tríptico informativo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario