sábado, 25 de xuño de 2022

Voluntariado Biblio Furelo

Toca despedir este curso escolar non sen antes dar as grazas a toda a Comunidade Educativa que unha vez máis estivo ao pé do canón. Esta última entrada vai adicada, especialmente, ao alumnado colaborador de Biblio Furelo, dado que fostes unha peza fundamental na nosa andaina e na procura dunha biblioteca máis acolledora e funcional. Queda traballo por facer pero sen vós non estariamos no punto no que estamos. 

Amosámosvos unha ilustración dos obsequios que recibiron os case trinta voluntarios da biblioteca.
- Diploma
- Chapa de Biblio Furelo
- Caderno para anotar as vosas ideas, plans e soños.


Que teñades unha boa entrada na nova etapa educativa!!! Sede felices!!!


 


luns, 20 de xuño de 2022

Boletín de novidades lectoras para o verán

Achegamos o boletín de novidades lectoras para este verán: unha breve guía con orientacións lectoras para os máis cativos da casa. Podedes consultar a escolma de materiais seleccionados nas seguintes imaxes.



🌞Feliz verán e vémonos á volta!🌞

xoves, 9 de xuño de 2022

Visita de Ángel Carracedo

O pasado mércores tivemos a gran sorte de contar en Biblio Furelo co catedrático en Mediciña Legal, investigador e experto internacional en xenética, Ángel Carracedo. O alumnado de 6º de educación primaria puido escoitar con moita atención toda a sabedoría que é capaz de transmitir de maneira natural. Falamos, escoitamos e experimentamos. Todo un descubrimento e unha gran aportación para o noso proxecto a nivel de centro Con-Ciencia-T. 

Un luxo pasar un anaquiño de tempo xunto a este mestre da xenética! Esperamos contar con el en futuras ocasións! Polo momento, podedes gozar da seguinte selección de imaxes.