mércores, 30 de marzo de 2022

Conversando con Ledicia Costas

Onte o alumnado de 4º de primaria tivo a ocasión de ouvir en vivo e en directo a nosa querida Ledicia Costas. Con ela puidemos afondar nalgúns aspectos do libro "Vampira de Biblioteca", unha homenaxe a todas as bibliotecas do mundo. Sen dúbida, un pracer tela connosco e compartir con ela parte da xornada escolar. Volve cando queiras, nós estaremos esperándote!








  


xoves, 3 de marzo de 2022

Día Internacional da Muller

Pois a cousa vai de mulleres! Fai uns días celebrábamos na escola o Día de Rosalía de Castro e nun suspiro xa nos atopamos inmersos na conmemoración do Día Internacional da Muller. Dúas datas sinaladas de gran relevancia e de enorme actualidade. 

Cada vez son máis os libros que tratan de maneira evidente o feminismo e a coeducación; por iso no moble da entrada do colexio podedes ver unha pequena mostra dos exemplares cos que contamos na biblioteca arredor destas temáticas. Clásicos e contemporáneos que nos permiten dar puntadas sobre a importancia da igualdade de xéneros na nosa sociedade. 

Porque o que non se nomea non existe... e dende este enfoque pretendemos aportar o noso grao de area para deconstruir e construir xuntos a nosa historia individual e colectiva con referentes en clave feminista. Velaquí podedes contemplar algunhas imaxes dos exemplares escollidos:

Ilustración de Luis Dávila