luns, 22 de novembro de 2021

Colaboradoras e colaboradores de Biblio Furelo

Hoxe inauguramos as sesións de voluntariado co alumnado da aula de 6ºB durante o recreo... e non podemos estar máis contentas coa resposta e coa boa acollida que causou esta iniciativa. Non podían estar máis concentrad@s na tarefa encomendada: dividimos os 4 grupos desta aula en 4 recantos (zona I, II, III e videoteca) e o ambiente que se respiraba era de perfecta sintonía e colaboración. Como nos gustan estas propostas nas que el@s son capaces de xestionar a responsabilidade e a autonomía co traballo ben feito. Parabéns!

A vindeira semana tócalle a quenda aos compañeiros/as de 6ºA. Agardamos por vós con moita ilusión! Mentres tanto gozade dalgunhas imaxes dos preparativos e da acción:

  
Folleto informativo para solicitar colaboradores/as 

Cortiza da entrada de Biblio Furelo

Caderno de benvida e de rexistro

Caderno de rexistro

Zona II

Zona I


Zona III

Videoteca

venres, 12 de novembro de 2021

Día das Librarías

Onte conmemorouse o Día das Librarías e non queriamos desaproveitar a ocasión para falar do concepto de biblioterapia. Partimos da idea de que un libro ten propiedades que axudan a mitigar enfermidades e sanar almas, é dicir, que a lectura posúe un auténtico valor terapéutico. Tendo en conta isto, dende Biblio Furelo recomendamos encarecidamente o seu uso de maneira continuada co fin de mellorar os estados de ánimo e as condicións de saúde de todas as persoas.

Por outra banda, facémonos eco da información publicada no portal da Consellería onde se recolle a nominación das Bibliotecas Escolares de Galicia no Premio Internacional Astrid Lidgren memorial Award 2022, un dos máis valorados no eido infantil e xuvenil. Para máis información premede no seguinte enlace. Teremos que esperar até o mes de maio do vindeiro ano para coñecer os resultados!



mércores, 3 de novembro de 2021

Sorpresa..!

Algo estamos argallando dende o Equipo de Biblioteca que andamos imprimindo folletos e táboas de rexistro. Até o de agora tan só vos podemos amosar a seguinte imaxe... De que tratará? Nun días saberédelo! 😉