Voltamos ao blogue para anunciarvos a nosa apertura deste curso 24-25 o día 23 de outubro na semana da bibliotecas. Voltamos con novidades: nos espazos, nos fondos, nas actividades... pasiño a pasiño medrando cara unha biblioteca de encontro de tod@s e para tod@s.
Empezamos co servizo de préstamo no recreo e seguimos coas quendas do curso pasado:
E, lembrade que, a partir do 28 de outubro e ata que rematen as IX Xornadas de Pasámolo de Medo Polo Samaín, o servizo de préstamo pausarase, pois, durante a semana das Xornadas de Samaín, a biblio abrirá durante os recreos só para as contadas.
Podedes vir escoitalas no día que vos corresponda.
Estamos desexando recibirvos de novo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario