venres, 29 de outubro de 2021

Samaín

Hoxe, venres día 29 de outubro, celebramos o Samaín na escola. Disfraces, música, decoración e moita ilusión por gozar desta festa tan singular. Queremos dar as grazas a todos/as a participantes nas VI Xornadas Pasámolo de medo no Samaín cun pequeno agasallo en forma de diploma, tal e como podedes ver a continuación:


Ah, ademais podedes escoitar/ver todos os audios e vídeos facilitados na Aula Virtual do centro, concretamente na etiqueta denominada BIBLIOTECA Ramón Cabanillas

✲✲✲Vémonos noutra ocasión!✲✲✲

domingo, 24 de outubro de 2021

Recursos para o Samaín

Nesta data tan sinalada, no Día das Bibliotecas Escolares, traemos unha escolma de curtas para celebrar o Samaín e, tamén, aproveitamos a ocasión para amosarvos como quedou a exposición de libros de medo que temos na entrada do colexio a modo de empréstito para as diferentes aulas de infantil e primaria. Agardamos que sexan do voso interese!

Imaxe da exposición sobre o Samaín


Curtas de medo que quitan a respiración:

 

 
 

Premede na imaxe para acceder a elas.


mércores, 20 de outubro de 2021

VI XORNADAS "Pasámolo de medo no Samaín"

🎃🎃🎃Estamos de volta en Biblio Furelo! Xa nos tardaba comezar este novo curso escolar neste recanto tan especial... Comezamos dando cabida a unha actividade que xa ten certa pegada no colexio. Falamos das VI Xornadas “Pasámolo de medo no Samaín”.

Un ano máis, e xa son seis, poñemos en marcha esta iniciativa para conmemorar o Samaín, unha festa de orixe celta onde as cabazas e os relatos de medo son os grandes protagonistas. 

Animádevos a buscar nos vosos fondos de biblioteca ou a poñerse creativos coa creación de contos e relatos de medo.

Podedes enviar as vosas historias fantasmagóricas ao enderezo-e: bibliofurelo@gmail.com en formato vídeo ou audio, até o luns 25 á medianoite.🎃🎃🎃

ESPERAMOS ANSIOS@S AS VOSAS PROPOSTAS!!!

 


Para ir entrando en ambiente que tal se lembramos un clásico da literatura infantil: Corre corre, cabaciña a cargo de OQO Filmes. Dádelle ao play e a gozar!