luns, 24 de outubro de 2022

VII XORNADAS "PASÁMOLO DE MEDO NO SAMAÍN"

Non podiamos celebrar dun mellor xeito este 24 de outubro, DÍA DAS BIBLIOTECAS

Por se non estivestes atentos e atentas aos cartaces que colocamos nos corredores do centro, sabede que: Hoxe voltamos!

Benvidas e benvidos a un novo e apaixoante curso na Biblio Furelo.

Comezamos pasándoo de medo, contamos convosco!


*Actualizamos información! Debido ao éxito da convocatoria de lecturas terroríficas, ampliaremos unha semana máis as sesións de contacontos, ata o 4 de novembro. 
*Os servizos de préstamo e devolución durante os recreos comezarán, entón, o LUNS 7 de novembro. 

Grazas a todos e todas pola vosa colaboración!


Ningún comentario:

Publicar un comentario