xoves, 13 de outubro de 2022

ESTAMOS DE VOLTA!

Bo día!

Dende a Biblio Furelo estamos a preparar a apertura do noso espazo para este curso 2022-2023.

Sabemos que sodes moitas e moitos os alumnos que estades desexando voltar cruzar as nosas portas para entrar no mundo ilimitado dos soños.

Só vos pedimos que agardedes unha semaniña máis.

O LUNS 24 de outubro todo estará listo para recibirvos na hora do recreo!

O servizo de préstamo comezará a funcionar xa a pleno rendemento. Lembrade que precisades o voso número de usuario (podedes consultalo coa vosa titora), e que podedes levar ata 3 libros, durante 15 días.

Ademais, queremos contar coa vosa axuda, por iso convocamos ao alumnado de 4º, 5º e 6º para ofrecerse como voluntarios e voluntarias para realizar as nosas tradicionais xornadas "PASÁMOLO DE MEDO NO SAMAÍN", na súa VII edición. A partir do luns, poderedes pasarvos pola conserxería para anotarvos na táboa correspondente.

Ao longo da semana do 24 ao 28 de outubro, haberá 2 lecturas en cada recreo relacionadas co Samaín. Atrevédesvos a vir escoitalas???

Non queda nada! Tic, tac, tic, tac...

Scott DuBar Illustration - Inktober 2018


Ningún comentario:

Publicar un comentario