sábado, 10 de outubro de 2020

Benvido, CURSO 20-21

Ola, amigos e amigas da Biblio Furelo:

por fin estamos de volta! Xa tiñamos ganas de saber de vós, e, segundo nos contou o noso ratiño, vós tamén estabades desexosos e desexosas de recibir noticias nosas. 

Como sabedes, estamos inmersos nunha situación de alerta sanitaria que, se ben non nos debe amargar a estancia no cole, sí nos obriga a poñer todo da nosa parte para que estes meses se sucedan da maneira máis segura posible. Está na nosa man facelo ben e axudar a que as cousas melloren; todos e todas podemos ser heroes e heroínas unha vez máis. 

É por isto que, este ano, a Biblioteca non poderá recibirvos coma sempre no seu interior, pois, como sabedes, ata que as cousas melloren, estará ocupada por outras clases que precisan dese espazo. Deste xeito, tócanos a nós propoñervos que recibades a Biblio Furelo en cada unha das vosas aulas. 

-VÓS NON PODEDES ENTRAR, PERO NÓS PODEMOS SAÍR, AXUDÁDENOS A CHEGAR LONXE- 

E, como imos facer isto?, vos estaredes preguntando. Moi pronto volo contaremos, estade atentos e atentas a este blog para non perdervos ninguna novidade!






Ningún comentario:

Publicar un comentario