luns, 29 de xuño de 2020

Suxerencias lectoras VERÁN 2020


E así, sen voltar ao colexio dende marzo, chegou o verán...
Na Biblio Furelo estamos desexosos e desexosas de recibirvos de novo para compartir un cento de lecturas.

Estamos traballando para adaptar as normas da Biblioteca á nova situación, así que, en setembro, o curso na Biblioteca comezará con obrigadas novidades, pero, a nosa intención é que as vosas lecturas sigan medrando e enriquecéndose, pois esa é a nosa razón de ser.

Por iso, aínda que este ano non poidamos facervos chegar en papel as nosas suxerencias lectoras para o verán, por aquí vos deixamos unha compilación de posibles lecturas para tódolos niveis.




Aproveitando os recursos que nos ofrecen as novas tecnoloxías, como novidade, picando en cada portada poderedes acceder a un breve resumo de cada libro na páxina da editorial.

Tamén atoparedes, en moitos deles, o enlace de compra; sen embargo, gustaríanos lembrarvos a importancia que, máis se cabe nestas circunstancias post-confinamento, teñen as compras no pequeno comercio local (especialmente se falamos dun negocio tan en perigo como son as librarías).

Animámosvos a achegarvos a calquera das que forman o mapa libreiro da nosa cidade e a deixarvos aconsellar tamén polos seus dependentes e dependentas que, de seguro, gustosamente, escoitarán as vosas demandas e vos suxerirán mil e un títulos máis.

Para axudarvos nesta empresa, tamén vos deixamos por aquí un mapa no que poderedes localizar as principais librarías da zona.



Facédenos saber en comentarios se ides optar por algunha destas lecturas, se xa lestes algún dos libros, se vos animades a visitar unha libraría descoñecida... Gustaríanos ler as vosas experiencias!

MOI FELIZ VERÁN PARA TODOS E TODAS!

Ningún comentario:

Publicar un comentario