Comezamos a publicar novidades no blog cunha triste nova que coñeciamos o pasado 30 de setembro.
O pasamento de Quino deixou orfa a Mafalda, pero, grazas a accións coma as dos nenos e nenas de 5ºB, esta nena que nos namorou a todos e todas por igual, xamais desaparecerá das nosas conciencias.
Aquí vos compartimos este traballo de tradución ao galego dalgunhas das tiras de Mafalda, co que, ademais, o alumnado tivo a oportunidade de coñecer o importante papel do humor gráfico na denuncia dos grandes problemas sociais.
- Enlace á nota informativa elaborada pola aula:
- Enlace ao vídeo coas producións:
- Unha mostra, co traballo de Esther, elixido na aula para amosar:
Ningún comentario:
Publicar un comentario