sábado, 17 de outubro de 2020

GALICREQUES no CSC do Castiñeiriño

Ola de novo, lectores e lectoras!

Esta fin de semana achegámosvos un par de eventos do máis interesantes que se van celebrar no centro sociocultural Agustín Bueno, do barrio veciño do Castiñeiriño. 

Trátase de dúas propostas ben atractivas.

A primeira será un teatro de sombras e celebrarase mañá, domingo 18 de outubro ás 12 da mañá, con entrada de balde ata completar aforo. Aquí tedes o cartaz:














E aquí un vídeo do que vos atoparedes:


A segunda proposta, de teatro infantil, celebrarase o vindeiro sábado 24 de outubro ás 18:30h, tamén con entrada de balde ata completar o aforo. 

Aquí vos deixamos o cartaz:


E aquí un vídeo do que poderedes ver:



Para que saibades como chegar, deixamos por aquí a ubicación do CSC Agustín Bueno, do Castiñeiriño: 



Non volo perdades! A maxia da lectura tamén se atopa nestas fermosas obras de teatro. E non esquezades contarnos que vos pareceu se decidides acudir, podedes facelo engadindo algún comentario neste artigo😉

Ningún comentario:

Publicar un comentario