venres, 1 de maio de 2020

Candela le...


Aquí vai a recomendación de Candela! Encantados con ela porque sabemos que nos enviará máis😉

- NOME: Candela

- CURSO: 4ºA

- E TI, QUE LES?

Harry Potter y el cáliz de fuego. J. K. Rowling

"Eu xa rematei a colección de Harry Potter, pero Harry Potter e o cáliz de fuego é o meu preferido. Vai sobre un mago chamado Harry Potter que emprende o seu cuarto ano no colexio Hogwarts de Maxia e Feiticería, menudas cousas lle esperan!
Intento ler moitos ratiños durante todo o día, porque encántame!"






E vós, a que esperades? Enviade as vosas recomendacións (debuxo, foto, vídeo, texto) ao seguinte mail: mestra.estefi@gmail.com

E non esquezades comentar este artigo se compartides lectura con Candela ou tamén sodes uns verdadeiros e verdadeiras Potterheads, queremos saber cantos e cantas sodes no cole!!!


3 comentarios:

  1. Ola Candela, son a mestra Lorena.
    A min tamén me encanta Harry Potter... Lin toda a saga polo menos catro ou cinco veces!!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Xa me parecía a min raro que ninguén se manifestase ante a chamada da Maxia... Por aquí outra admiradora! ;) Eu estounos a ler in english durante os veráns, todo un reto!

      Eliminar
    2. Interesante.... tomo nota!

      Eliminar