sábado, 9 de maio de 2020

Lorena le...


Non podemos estar máis contentos e contentas co artigo de hoxe! A profe Lorena non quixo perder a oportunidade de participar no blog facéndonos chegar a súa reseña e encantounos :) Agardamos que máis adultos desta comunidade educativa se animen a compartir lecturas connosco. Isto comeza a ser do máis enriquecedor... Grazas!

- NOME: Lorena

- CURSO: Mestra de PT, un pouquiño en tódolos cursos!

- E TI, QUE LES?:

Emocionario, de Cristina Núñez e Rafael Valcárcel.


"Hai quen non pode imaxinar un mundo sen paxaros; hai quen non pode imaxinar un mundo sen auga. No que a min se refire, son incapaz de imaxinar un mundo sen libros. J.L. Borges." Non podo estar máis de acordo coas palabras deste gran escritor.


Dende pequena a lectura sempre me acompañou e axudoume a aprender moitas cousas e a medrar nun mundo de fantasía, xa que "a lectura ábrenos as portas do mundo que nos atrevemos a imaxinar". Na miña infancia destaco a lectura das obras de Harry Potter, pero tamén hai outros libros de literatura infantil e xuvenil que tamén me encantan, coma por exemplo a colección "Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes" de Elena Favilli e Francesca Cavallo ou o "Emocionario", de Cristiña Núñez e Rafael Valcárcel.


Hoxe vouvos falar deste último. O emocionario é un álbum ilustrado no que se vai facendo un recorrido por máis de 40 emocións diferentes que podemos sentir ao longo das nosas vidas. Vai definíndoas unha a unha con fermosas palabras e ilustracións, e coa súa lectura podemos entender e explicar mellor como nos sentimos ás veces. É polo tanto un libro que nos axuda a descubrirnos a nós mesmxs e aos demais!


Agardo que vos guste a miña recomendación! Un saúdo e moooita lectura!


AVISO: "A lectura prexudica seriamente a ignorancia".


Gracias profe Lorena por animarte a participar!

E ti, que les? Envíanos a túa reseña (imaxe, vídeo, debuxo, texto) a: mestra.estefi@gmail.com



Ningún comentario:

Publicar un comentario