Pois a cousa vai de mulleres! Fai uns días celebrábamos na escola o Día de Rosalía de Castro e nun suspiro xa nos atopamos inmersos na conmemoración do Día Internacional da Muller. Dúas datas sinaladas de gran relevancia e de enorme actualidade.
Cada vez son máis os libros que tratan de maneira evidente o feminismo e a coeducación; por iso no moble da entrada do colexio podedes ver unha pequena mostra dos exemplares cos que contamos na biblioteca arredor destas temáticas. Clásicos e contemporáneos que nos permiten dar puntadas sobre a importancia da igualdade de xéneros na nosa sociedade.
Porque o que non se nomea non existe... e dende este enfoque pretendemos aportar o noso grao de area para deconstruir e construir xuntos a nosa historia individual e colectiva con referentes en clave feminista. Velaquí podedes contemplar algunhas imaxes dos exemplares escollidos:
Ningún comentario:
Publicar un comentario