venres, 12 de novembro de 2021

Día das Librarías

Onte conmemorouse o Día das Librarías e non queriamos desaproveitar a ocasión para falar do concepto de biblioterapia. Partimos da idea de que un libro ten propiedades que axudan a mitigar enfermidades e sanar almas, é dicir, que a lectura posúe un auténtico valor terapéutico. Tendo en conta isto, dende Biblio Furelo recomendamos encarecidamente o seu uso de maneira continuada co fin de mellorar os estados de ánimo e as condicións de saúde de todas as persoas.

Por outra banda, facémonos eco da información publicada no portal da Consellería onde se recolle a nominación das Bibliotecas Escolares de Galicia no Premio Internacional Astrid Lidgren memorial Award 2022, un dos máis valorados no eido infantil e xuvenil. Para máis información premede no seguinte enlace. Teremos que esperar até o mes de maio do vindeiro ano para coñecer os resultados!



Ningún comentario:

Publicar un comentario