Como cada ano, en tódalas bibliotecas galegas, o mes de novembro está adicado á Ciencia en Galego. Porque sí, a nosa lingua serve para facernos chegar lonxe, tamén no ámbito científico. Que llo digan senón ao biólogo especializado en neurociencia, Xurxo Mariño Alfonso, encargado de redactar o Manifesto da celebración deste ano: O feitizo da ciencia; non vos perdades a súa lectura! Podedes acceder picando aquí.
Este é un xeito de lembrarvos que o voso lado máis curioso e investigador pode comezar aquí, na vosa propia casa, no voso propio cole, con algunha das lecturas que seleccionamos para vós... Unha nova exposición vos agarda no vestíbulo principal do cole:
Ademais, a Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia fixo tamén unha selección de títulos interesantes sobre aspectos científicos para tódalas idades que podedes consultar aquí.
*A que está xenial a escolla da Asesoría? Gustaríache pedir en préstamo algunha desas lecturas? Pois estás de noraboa; na Biblio Furelo temos moitas delas! Só repasa o noso BOLETÍN para saber como facerte con elas😉
E se xusto queres o que non temos... tampouco hai problema! Comunícate connosco a través do formulario e veremos a posibilidade de adquirilo.
Porque a ciencia está máis en boga ca nunca, achégate a ela connosco!
E, se o desexas, podes acudir a algún dos eventos científicos máis próximos que se celebrarán durante este mes na nosa cidade:
BIBLIOTECA DE GALICIA (CIDADE DA CULTURA):
- 14 de novembro, ás 17:00 h, nas Aulas I e II
Obradoiro de Química: Obradoiro creativo para espertar a curiosidade por ver como todo reacciona: o porexpán desaparece, crecen árbores de cores no leite... Impartido por Ciencia en Movimiento.
Para nenos e nenas de 8 a 12 anos. Inscrición previa na web: www.cidadedacultura.gal (20 prazas).
- 28 de novembro, ás 17:00 h, na Aula I
De onde proveñen os números que describen aos seres vivos? A natureza en xeral, e máis concretamente os seres vivos, teñen un deseño baseado nas matemáticas. As súas formas están relacionadas con varios números máxicos que se coñecerán neste obradoiro.
Para nenos e nenas de 8 a 12 anos. Inscrición previa na web: www.cidadedacultura.gal (20 prazas).
BIBLIOTECA PÚBLICA DE SANTIAGO ÁNXEL CASAL (Avda. Xoán XXIII):
- 14 de novembro ás 12.00 h, no Salón de actos.
Ciencia e tecnoloxía na volta ao mundo de Julio Verne. Contacontos, con Ciencia Kids.
Divulgación científica para nenas e nenos de 3 a 8 anos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala. É preciso recoller unha invitación no mostrador de información 30 minutos antes do comezo da actividade.
- 11 de novembro ás 18:30 h, no Salón de actos.
Iniciación á programación robótica. Obradoiro con Vermislab, para iniciarse na programación robótica nun proxecto de reciclaxe.
Para nenas e nenos de 8 a 14 anos Entrada libre ata completar a capacidade da sala (12 prazas). É preciso recoller unha invitación no mostrador de información 30 minutos antes do comezo da actividade.
- Todo o mes de novembro:
Mostra bibliográfica Viaxes no tempo, na hemeroteca.
Mostra bibliográfica Astronomía, mostra bibliográfica infantil
Ningún comentario:
Publicar un comentario