venres, 23 de outubro de 2020

Pasámolo de medo no Samaín


Achégase o final de outubro e, con el, a nosa quinta edición das sesións de contacontos PASÁMOLO DE MEDO NO SAMAÍN.

Este ano non poderemos celebralo no espazo da biblio, pero iso non quere dicir que non vaiamos compartir as vosas historias máis terroríficas con tódalas aulas do cole. 

Os nenos e nenas de Infantil, 1º e 2º están desexosos e desexosas de que llas contedes. E, como podedes facelo sen saír da clase? Sinxelo, gravade a vosa historia en audio ou vídeo e facédenola chegar ao seguinte correo: mestra.estefi@gmail.com. Algunhas delas serán compartidas a través deste blog! 

Lembrade que as historias poden ser inventadas e, tamén, recompiladas da vosa biblioteca particular ou da biblioteca do cole. No vestíbulo principal deixámosvos unha selección de títulos que poderedes solicitar en préstamo dende xa aos vosos titores e titoras. 







Aquí tedes a listaxe completa de libros: LIBROS SAMAÍN

Para ir entrando no papel, deixámosvos algúns dos recursos que o Equipo de Dinamización da Lingua Galega estivo buscando para vós: picade aquí para velos

🎃Animádevos a enviarnos o voso conto, queremos pasalo de medo!🎃

Ningún comentario:

Publicar un comentario