luns, 27 de abril de 2020

Abrimos nova sección!


Seguimos de estrea. Comezamos esta semana abrindo unha nova sección permanente no blog, unha sección na que vós seredes os e as protagonistas: E TI, QUE LES?

Antía será a que inaugure este novo apartado, pero, despois dela, agardamos poder recibir as vosas imaxes, debuxos, redaccións -ou pequenos vídeos, se queredes- comentándonos as lecturas que estades a facer ou as que vides de rematar. Digamos que será un espazo no que compartir opinións, gustos e lecturas. Agardamos que vos animedes a participar para manter con vida este novo blog, que só ten ganas de medrar e facervos pasar algún que outro bo momento.

Podedes achegarnos as vosas creacións e reseñas á seguinte dirección: mestra.estefi@gmail.com

Aquí vos deixamos coa de Antía, non sen antes darlle as grazas por aceptar ser a nosa convidada especial😉

- NOME: Antía

- CURSO: 5ºA

- E TI, QUE LES?:

Olympia, de Almudena Cid.


"Son Antía, e, normalmente, leo polas noites. Gústame ler Olympia, de Almudena Cid. Leo estes libros porque tratan dunha ximnasta que conta a súa vida. 
Durante o confinamento esta lectura sérveme para entreterme e recordar cando ía entrenar e aos campeonatos."








2 comentarios:

  1. Ola Antía, é estupenda a túa lectura.
    A min ler tamén me axuda a pasar mellor esta corentena.
    Un saúdo.

    ResponderEliminar
  2. Ola Rosi, que alegría para nós terte como lectora tamén no blog! Agardamos que pases a miúdo por aquí. E tamén esperamos que Antía se anime a compartirnos a súa próxima lectura ;)

    ResponderEliminar