Un pracer compartir parte da mañá con ela!
martes, 17 de maio de 2022
Visita de Rosalía Morlán
domingo, 15 de maio de 2022
Letras Galegas 2022
Florencio Manuel Delgado Gurriarán é o autor homenaxeado este ano polo Día das Letras Galegas, unha conmemoración que ten por obxecto realzar a contribución e o compromiso de diversos autores/as coa nosa cultura e idioma.
No ano 1963 deu inicio esta festividade co cumprimento dos 100 anos do libro "Cantares Gallegos" de Rosalía de Castro, o primeiro libro monolingüe na nosa lingua. Ese foi o pistoletazo de saída e xa levamos máis de cinco décadas de achegamento á literatura en galego.
Como non podía ser doutra maneira, no centro queremos reivindicar o papel de Florencio cunha pequena mostra dos exemplares cos que contamos na biblioteca escolar. Ademais, aproveitamos a ocasión para rescatar a outros escritores que foron premiados en edicións anteriores.
luns, 18 de abril de 2022
Quincena do Libro
A partires de mañá, martes 19 de abril, até final de mes imos conmemorar a Quincena do Libro cunha serie de propostas para facer un achegamento entre os libros e o alumnado da nosa escola: sesións de contacontos, charlas, obradoiros, etc.
Comezamos cunha exposición de novidades pertencentes á biblioteca inclusiva no moble da entrada principal. Libros sensoriais, con pictogramas, con temáticas acaecidas para os tempos nos que vivimos,... libros para a diversidade de acceso á lectura.
A continuación podedes ollar o programa "Con-Ciencia-T coa lectura" que se levará a cabo entre o 19 e o 29 de abril.




